Berbetoros

Sobre o Pazo

O Pazo de Berbetoros, tamén coñecido como “Casa da Marquesa”, é un dos monumentos emblemáticos da Vila de Portomarín, trasladado parcialmente á súa situación actual. En 1963, as augas do encoro de Belesar anegaron as fértiles terras deste pobo ás beiras do río Miño, e tamén unha vila que en 1946 foi declarada CONXUNTO HISTÓRICO ARTÍSTICO. Os principais referentes históricos foron trasladados e reconstruídos: a igrexa de S. Xoán(s. XII, declarada monumento histórico artístico en 1931), a de S. Pedro( románica, de 1182), e varios pazos que dan a Portomarín unha imaxe peculiar, mestura entre a historia e as construcións máis modernas.

Este pazo foi construído no século XVII ( en 1712, segundo a inscrición no brasón dunha das fachadas do edificio), na embocadura da Ponte Romana que unía as dúas beiras do río e as dúas parroquias de Portomarín (S. Pedro e S. Xoán).

A liñaxe dos Berbetoros comeza con Andrés Berbetoros e Ribadeneira e a súa dona Inés, primeiros marqueses de Bóveda e Limia. Finaliza con Xaquín Pimentel e Miranda, VI Marqués de Bóveda e Limia, que morreu sen descendencia.

Do vello pazo só foi recuperada a solaina, que é o elemento máis característico do edificio e da que Trapero Pardo (1955) escribiu: “...propicia al buen conversar, al buen contemplar e incluso al buen pasar”

Na actualidade, o Pazo de Berbetoros ofrécese como un hotel para o descanso do peregrino no Camiño de Santiago, con un xardín interior que convida á desconexión e nun marco incomparable rodeado tamén de xardíns exteriores e monumentos históricos. O mellor lugar para todos os viaxeiros que visitan Portomarín e queiran mergullarse na historia deste pobo, nun entorno acolledor, tranquilo e especial.

Fotos: Pepe Pereira - Juan José

Os grandes momentos

1712

Ano de construcción

1946

Declaración Conxunto Histórico Artístico Portomarín

1963

Traslado parcial do pazo a ubicación actual